Toxo Aventura e Natureza

Somos un grupo de persoas apaixonadas pola natureza e o deporte, sobre todo pola Orientación: un deporte minoritario que queremos facer chegar a todas aquelas persoas que o queiran practicar ou que aínda non o coñezan.  Comezamos a nosa singladura neste proxecto a finais do ano 2018 e queremos ofrecer actividades deportivas relacionadas coa orientación e co medio natural. Se és un TOXO coma nós e gústache o deporte e a natureza ofrecémoste aventuras perfectas para ti e os teus amigos, ou para toda a familia… Anímaste?

 

ContactaSeguenos no facebook
Ampla experiencia

Levamos xa anos traballando con concellos, colexos e institutos na organización de probas destas características a través de clubes deportivos.

100% profesionalidade

Traballamos en equipo e somos profesionais especializados en distintos campos para poder sacar ó máximo partido a cada actividade.

Amor polo noso traballo

Convertemos a nosa paixón no noso traballo: un proxecto cheo de ilusión e profesionais preparados que aman o deporte, a natureza e o traballo, e iso nótase.

Confianza e seguridade

Quen proba nas nosas actividades quere repetir: polo divertimento, polo trato, pola confianza e pola seguridade. Cremos que é o máis importante e por iso en tódalas nosas actividades vixiamos o terreo e contamos sempre cun seguro para os participantes.

Valores positivos da Orientación

Non existe unha actividade na natureza que combine tantos valores como o deporte da orientación.

  • Desenvólvese no medio natural ou nos pobos, resaltando e dando máis protagonismo aos valores naturais, culturais e patrimoniais da nosa contorna.
  • É unha alternativa de ocio divertida e saludable, apta para todas as idades, xa que se pode adaptar aos distintos niveis de esixencia física.
  • Combina actividade física coa destreza mental, traballa a elección de rutas, elabora estratexias, ler mapas e usar o compás.
  • Fomenta o compañeirismo e a cordialidade entre os participantes, xa que aínda que pode ser unha acción competitiva, o ambiente en que se desenvolve propicia relacións favorables.
WhatsApp chat