Xincana Samain 2018

Xymkana Samaín 2018. A nosa primeira actividade como Toxo Aventura ten sido no Samaín 2018. Organizamos unha xincana por todo Arcade na que nos equipos participantes tiñan un mapa e 10 probas que tiñan que superar para conseguir distintas pistas, neste caso, pezas dun puzzle que daría resolto o enigma da Santa Compaña. Rapaces e rapazas de tódalas idades acudiron disfrazados cos seus traxes máis...

Organizamos xincanas para concellos, colexios e institutos, empresas ou particulares. Podemos adaptalas a distintas temáticas ou a un determinado evento e celebración.
Son unha especie de “Escape room” ao aire libre. A base é un mapa de orientación no que están colocados distintos puntos, cada punto corespóndese cunha proba de habilidade ou de lóxica. Normalmente funcionan por equipos e éstes teñen que ir a cada unha das probas e tentar superalas para así conseguir pistas que axuden a resolver o enigma final.

Queres saber máis? Convidámoste a que leas o post sobre o Samaín 2018!

Adaptámonos a cada idea, festa ou evento de xeito que cada xincana é única. Anímaste? Contacta!

HUMANOS: proporcionamos monitores para a recepción de participantes e para explicar cada unha das probas e un animador que promocione a proba e explique aos participantes o sistema de participación.

MATERIAIS: Mapas (un por participante), dorsais e tarxetas coas pistas adquiridas. Ademáis aportamos tódolos materiais necesarios para o desenvolvmento de cada unha das probas. Proporcionamos ademáis equipo de son e carpas (se fosen necesarias).

Os horarios “tipo” dunha proba normal son:

19.30: Recepción de participantes e entrega de dorsais .

20.00: Explicación da proba e resumo de actividades.  Reparto de mapas.

20.00-21.30: Saída dos participantes e desenvolvemento da actividade.

21.30 – 22.00: Valoración final e despedida.

Tódalas idades:

– Menores de 9 anos acompañados.

Número de participantes: variable. (O prezo é por participante e varía en relación á cantidades de participantes e se a zona está previamente cartografíada ou non.

Próximas actividades

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

WhatsApp chat