Toxo Aventura e Natureza

Coñeces o deporte da Orientación?

En Toxo Aventura e Natureza temos todo o que buscas.

Somos Orientación, xincanas, trails, roteiros, coastering, barranquismo…

Un sinfín de aventuras na Natureza, para ti e os teus.

Orientación

Desfruta do deporte da Orientación en tódalas súas formas: na cidade, no monte, na escola… Cos colegas do traballo, coa familia, cos amigos ou só. Orientación para todos.

Xincanas

Os equipos reciben un mapa cun percorrido cheo de probas que deberán superar para resolver o enigma. Probas de axilidade, inxenio, lóxica, colaborativas… Risas aseguradas para tódala familia!
Atréveste?

Outras actividades

Coastering, barranquismo, trails, roteiros… Estas pensando en pásalo ben? Temos o que buscas.

Natureza

As nosas actividades son sempre en contacto coa Natureza. Descobre Galicia e o norte de Portugal connosco.

Habilidade

Diversión asegurada poñendo a proba a túa cabeza: o mapa e o compás serán os teus aliados. Se non sabes, ensinámoste!

Deporte

Coma tódolos deportes a orientación é unha actividade reglada na que podes competir e poñer a proba o teu corpo.

Para todos

Podes participar de xeito individual ou en grupo, e ofrecemos diversión para tódalas idades. Os peques sempre queren repetir!

Preguntas Frecuentes

Deixámosvos as preguntas máis frecuentes, se tes algunha outra dúbida, contacta!

Que é a orientación?
A orientación é un deporte minoritario e pouco coñecido que ten a súa orixe nos países nórdicos. Coa axuda dun compás e un mapa tense que percorrer unha serie de puntos (balizas) que aparecen no mapa nunha orde determinada. Ti escolles a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que che da o mapa (curvas de nivel, vexetación, distancia…).
Podo participar sen ter coñecementos previos?
Por suposto que sí, nós comprometémonos a ensinarche todo o necesario para participar e desfrutar este deporte.
Poden participar nenos?
Os nenos son máis que benvidos ás nosas actividades de orientación. Aínda que pola súa seguridade:

  • Menores de 9 anos, deben ir acompañados por un familiar ou titor.
  • Maiores de 9 anos (que teñan coñecementos mínimos de mapa) poden ir sós.
Pódese ir en grupo?
Ofrecemos tódalas opcións, podes ir en grupo, en familia, facer equipos ou participar individualmente. Ti decides.
Qué material preciso?
O único que precisas é ropa e calzado deportivo, cómodo para camiñar ou correr polo monte. Nós proporcionámosche o mapa, o compás e a tarxeta ou pinza que nos indicará que picas cada baliza.
Qué outras actividades ofrecedes?
Amamos a natureza e por iso apostamos por tódolos deportes e aventuras que teñan que ver con ela. Ofrecemos roteiros, coastering, barranquismo… E tamén Xymkanas temáticas, como os coñecidos “Escape room” pero ao aire libre, cun mapa que nos leva a distintas probas de habilidade e lóxica.
Qué teño que facer para participar?
Organizamos distintios eventos ao logno do ano en distintas localidades. Para estar o tanto de todo podes apuntarte á nosa Newsletter que te informará de tódolos eventos ou seguirnos nas redes sociais, alí teredes toda a información.

Dependendo da organización as actividades poden ser gratuítas ou teren un pequeno custe por persoa (que inclúe material e seguro).

Toxo aventura no IES San Paio de Tui

Toxoaventuras nos institutos: IES SAN PAIO O pasado luns día 11 tivemos a nosa primeira #toxoaventura no IES San Paio de Tui. Foi unha xornada moi divertida na que dividimos ós...

Arrinca Toxo Aventura!

Arrincamos! Xa estamos aquí, somos Toxo Aventura e arrincamos este proxecto para achegar o deporte da Orientación a todo o mundo que o queira coñecer. Somos amantes...

Xincana Samain 2018

Xymkana Samaín 2018. A nosa primeira actividade como Toxo Aventura ten sido no Samaín 2018. Organizamos unha xincana por todo Arcade na que nos equipos participantes tiñan un mapa e 10...
WhatsApp chat