Arrincamos!

Xa estamos aquí, somos Toxo Aventura e arrincamos este proxecto para achegar o deporte da Orientación a todo o mundo que o queira coñecer. Somos amantes da natureza, dos bosques, dos ríos, dos animais… e amamos este deporte pouco coñecido (cada vez máis) que é a Orientación..

Para aqueles que aínda non o coñecedes: a Orientación é un deporte no que coa axuda dun compás e un mapa tes que percorrer unha serie de puntos (balizas) que aparecen no mapa nunha orde determinada. Ti escolles a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que che da o mapa (curvas de nivel, vexetación, distancia…).

Un deporte apto para tódolos públicos xa que podes facelo en familia, pasando un día moi diferente no monte cos máis pequenos; ou  individualmente e de xeito competitivo. Temos para tódolos gustos!!

 

Orientación

Ademáis existen varias tipoloxías e distancias: Sprint, Media Distancia, Longa, relevos, raid… Pódese facer tanto na natureza coma no centro da túa cidade e ademáis temos tamén adaptacións para facelo nos coles e institutos, para que poidan disfrutalo tódolos rapaces.

Como dicimos é un deporte moi interesante, divertido e san no que se xunta as capacidade de pensar e discurrir, coas habilidades físicas, todo en harmonía coa Natureza… En Toxo Aventura queremos que coñezas este deporte e que te enganches (somos sinceros se o probas de seguro repites!), por iso traballamos para chegar a ti e ofrecerte cada vez máis oportunidades de practicar este deporte.

Pero Toxo Aventura non só é iso, tamén adaptamos a Orientación “clásica” a festas ou actividades especiais ou temáticas, facendo Gymkanas nas que cun mapa terás que dirixirte ás distintas  probas e superalas para gañar pistas e conseguir resolver enigmas. Coma un “escape room” pero ao grande!! Temos mogollón de opcións: para ciudades, montes, praias, colexos, actividades de empresa… Diversión asegurada!

E como adoramos a Natureza tamén temos actividades de barranquismo, coastering, roteiros… prácticamente todo o que poidas imaxinar témolo pensado e argallado para ti. A que agardas? Acompañanos nesta nova aventura que comeza… Arrincamos con Toxo Aventura!

WhatsApp chat