Xymkana Samaín 2018.

A nosa primeira actividade como Toxo Aventura ten sido no Samaín 2018. Organizamos unha xincana por todo Arcade na que nos equipos participantes tiñan un mapa e 10 probas que tiñan que superar para conseguir distintas pistas, neste caso, pezas dun puzzle que daría resolto o enigma da Santa Compaña.

Rapaces e rapazas de tódalas idades acudiron disfrazados cos seus traxes máis tenebrosos para desfrutar desta actividade que tivo lugar o 31 de Outubro na noitiña.

As distintas probas incluían lóxica, habilidade, debuxo… Actividades na gran mayoría en grupo que fomentaban a participación en equipo e a colaboración entre participantes incluso de distintos equipos.

 

Samaín 2018

 

Algunhas das probas que máis gustaron foron o xogo de mimíca de decubrir as películas con sombras chinescas, decora a cabaza e “Mensaxe dos Mortos”, unha proba que provocou moitas risas xa que as rapazas e rapaces tiñan que recoñecer cancións reproducidas ao revés.

A actividade durou unhas dúas horas e rematou co desfile da Santa Compaña e o reparto de doces e golosinas. Premio especial recibiron o equipo co disfraz máis simpático e o equipo máis dicharachero.

Agradecemos a oportunidade ao Concello de Arcade por confiar en nos e aos máis de 100 participantes que desfrutaron e riron con nós. Vemonos pronto tox@s!

WhatsApp chat