TOXO AVENTURA E NATUREZA nace en 2018 froito da inquedanza de varias persoas (relacionadas polo deporte da Orientación) e con diversos intereses sempre centrados na Natureza: actividades englobadas tanto no entorno deportivo como en actividades educativas e medioambientais.

 

Richi Figueroa

Richi Figueroa

Dirección e deseño de probas

Informático de profesión e orientador de corazón. Son monitor de actividades de tempo libre e director e profesor na Escola de Orientación en Pontevedra e Vigo. Teño unha grande experiencia organizando probas de Orientación en escolas e Concellos ademáis da liga local da provincia de Pontevedra (Lachs 2016, 2017 e 2018).

Manu Varela

Manu Varela

Topografía , Cartografía e deseño de probas

Orientador dende neno, comecei  neste deporte aos 7 anos foi así como descubrín a miña paixón polos mapas e a cartografía, por iso decidín estudiar Topografía e converter a afición en profesión. Na actualidade continúo formándome en temas relacionados coa cartografía, a orientación e o uso de drons neste campo.
www.eltopografo.com

Carla Veiga

Carla Veiga

Organización e deseño de probas

Bióloga e amante da natureza e do deporte a partes iguais.
Teño ampla experiencia como guía en roteiros organizados tanto na natureza como en pobos, sempre resaltando os valores naturais, culturais e patrimonias de cada lugar. Fago orientación dende que teño memoria nas categorías de O-Pé, Mtbo e Raids de aventura.

Ángel A. Serto

Ángel A. Serto

Cartografía e organización

Director técnico de probas de Orientación coma o Campionato de España de O PÉ 2016 e MTBO 2018. Vicepresidente da Federación Galega de Orientación, e responsable de Rogaine na Federación Española deste mesmo deporte. Militar e practicante de multitude de deportes de Natureza… A miña paixón. Teño tamén formación coma guía de media montaña e como monitor de actividades físico-deportivas no medio natural.

Noel Queipo

Noel Queipo

Contidos audiovisuais e rrss

Amante das historias e do medio audiovisual como vehículo para contalas. Licenciada en Audiovisuais con especialización en creación de contidos e en xestión de redes sociais. Comecei na Orientación no 2016, son a máis novata do grupo neste deporte, aínda aprendendo pero sempre desfrutando!
www.noelqueipo.com

WhatsApp chat